Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

01/06/2005

EXPOSICIÓN DAS ALUMNAS DE MODA

22nPICT1481.jpgAs alumnas do Programa de Garantía Social de Moda
-Elizabeth Zara León Pérez,
-Paula Veiga Feijoó e
-Erika Vivián Lorenzo-,
dirixidas pola súa titora e profesora de Formación Práctica, Cruz Iglesias Viqueira, presentan unha exposición de roupa realizada por elas no Taller de Moda do IES "García Barbón".
Complementariamente, podemos ver unha COLECCIÓN DE FOTOGRAFÍAS CON DISTINTOS MODELOS.
Noraboa ás alumnas e a súa profesora polo excelente traballo realizado.
01/06/2005 08:58 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

08/06/2005

O BLOG DE CICLOS TRES MESES DESPOIS

95080605.jpgO día oito de marzo de 2005 inauguramos o contador de visitas do Blog de Ciclos Formativos do IES "García Barbón" de Verín (Ourense). Tres meses despois, xa temos 1513 visitas.
Os contidos do BLOG refírense á oferta formativa de Formación Profesional do centro, as actividades educativas desenvoltas e a distintas novas de carácter tecnolóxico (internet). En total, 66 entradas de información, 133 hipervínculos e 55 fotos e gifs.
08/06/2005 15:56 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

10/06/2005

CURSO PRÁCTICO

22PICT1497.jpgO Departamento de Enfermería -profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería- do IES "García Barbón" de Verín vai impartir un Curso Práctico de COIDADOS BÁSICOS DUN ENFERMO ENCAMADO os días 20, 21 e 22 de xuño das 18 ás 20 horas.
Información e inscricións no teléfono 988 410379
10/06/2005 13:00 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

16/06/2005

EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIAL

Nesta aportación vamos a recomendar a visita a distintas páxinas webs de interese, tanto pola información que nos aportan, como pola súa presentación visual e moi didáctica.
En primeiro lugar, consellos para aforrar combustible ó conducir.
En segundo lugar, recomendacións para o uso correcto do cinto de seguridade.
En terceiro lugar, consellos e trucos para conducir en condicións adversas.
En cuarto lugar, consellos para conducir con néboa.
En quinto lugar, Sobre a periodicidade da ITV (Inspección Técnica de Vehículos) dos distintos vehículos.
En sexto e último lugar, modelos de cascos para motocicletas.

Información facilitada por José Luís Fernández Sampedro
16/06/2005 12:33 Enlace permanente. Tema: AUTOMOCIÓN No hay comentarios. Comentar.

17/06/2005

O 79% DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ENCONTRA UN POSTO DE TRABALLO

A tasa de inserción laboral dos alumnos/as galegos/as de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97% segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos/as que terminaron os seus estudos no ano 2003.
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).

Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.
17/06/2005 13:33 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

20/06/2005

RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET

Internet é unha fonte de recursos pedagóxicos que poden ser de interese para apoiar e mellorar a función docente.
En primeiro lugar, podemos visitar a web de contidos educativos da Xunta no seu apartado de Formación Profesional (FP), con vinte recursos didácticos para a Familia Profesional de Administración.
En segundo lugar, temos a guía en liña para empresarios e traballadores "en solitario", emprendedores/as que inician o seu proxecto en solitario.
En terceiro e último lugar, a ferramenta inforrmática para mellorar a competitividade das micropymes galegas ADESTRA, que ten por obxectivo principal a realización dun autodiagnóstico que permita definir un plan de acción a partir da análise da situación actual.
O sistema informático ADESTRA facilítase ás empresas que o soliciten -sen coste- chamando o teléfono 902 300 903 ou ben no correo electrónico jea@igape.es.
20/06/2005 10:25 Enlace permanente. Tema: FINANZAS No hay comentarios. Comentar.

22/06/2005

GALICIA CONTARÁ COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA

O vindeiro curso 2005/2006 vai comezar a funcionar a Escola Superior de Arte Dramática, que terá a súa sede no actual IES de Bouzas (VIGO). A titulación que se acada será equivalente a de licenciado/a universitario. Os estudos teñen unha duración de catro anos. Para dispor de máis información, podemos consultar La Voz de Galicia.
22/06/2005 18:35 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S Hay 1 comentario.

23/06/2005

CURSO PRÁCTICO NO I.E.S. "GARCÍA BARBÓN"

45PICT1584.jpgUnha foto das persoas que participaron no Curso Práctico Coidados básicos dun enfermo/a encamado impartido por Mercedes Fernández e Alfredo Regueiro, profesores do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES "García Barbón".
23/06/2005 19:09 Enlace permanente. Tema: ENFERMERÍA No hay comentarios. Comentar.

27/06/2005

RECURSOS DIDÁCTICOS SOBRE A SAÚDE

O mundo da saúde ten unha importante presenza nos medios de comunicación e, internet representa un recurso de especial interese para dar a coñecer temas relacionados coa saúde.
Neste sentido, consideramos que pode ser de utilidade visitar a páxina de SAÚDE do xornal EL MUNDO. Facilita datos sobre distintos temas de actualidade (cancro, sida, tabaco,etc) e proporciona unha manchea de recursos (gráficos, documentos, fotografías, animacións, etc). Visita El Mundo.es SALUD.
Para rematar, sinalar que o xornal EL PAÍS conta cunha web específica sobre temas de saúde, que podemos visitar en WEBSALUD.COM
27/06/2005 19:16 Enlace permanente. Tema: ENFERMERÍA No hay comentarios. Comentar.

29/06/2005

COMEZA A TRABALLAR NO TEU FUTURO

A Ministra de Educación María Jesús San Segundo, na presentación da campaña de comunicación 2005 sobre a Formación Profesional -"Empieza a trabajar en tu futuro"-anunciou que, antes de rematar o ano, vanse aprobar 350 novas cualificacións de Formación Profesional.
Complementariamente, a ministra destacou os positivos datos de inserción laboral do alumnado de Formación Profesional (entre o 67 e o 70%). Co 100% de inserción profesional temos os títulos de Fabricación Mecánica, Madeira e Moble e Mantemento e Servizos á Producción.
Máis información no xornal EL MUNDO e na web de Consumer.es.
29/06/2005 12:33 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S Hay 1 comentario.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]