¿Y estos anuncios? Si te molesta, te dejamos quitarlo.

Se muestran los artículos pertenecientes al tema ADMINISTRATIVO.

25/10/2005

PEDIDO, ALBARÁN E FACTURA

A familia profesional de Administración -presente na maioría dos institutos- conta con moitos e variados materiais didácticos en internet. A páxina que recomendamos hoxe -no Día de Internet- trata sobre "Pedido, albarán e factura".

 

25/10/2005 17:37 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.

24/10/2005

UN PORTAL DE INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA

A páxina web de información administrativa Administración, pode ser unha ferramenta moi útil para o alumnado.

O portal facilita información especializada para o cidadán, para o empresario/a e sobre a organización pública. Podemos consultar  -entre outros-  temas de lexislación, emprego público, bolsas e axudas, educación, vivenda,  traballo e saúde.

Publicacións que podemos consultar

24/10/2005 11:22 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO Hay 1 comentario.

29/04/2005

RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL

20paq.jpgNa páxina web do Ministerio de Educación e Ciencia. dispomos de diversos materiais didácticos. Para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa podemos recomendar os seguíntes títulos:

Comunicación, arquivo da información e operatoria de teclados.
Xestión administrativa de compra-venda.
Xestión administrativa de persoal.
Contabilidade xeral e tesourería.
Productos e servizos financeiros e de seguros básicos.
Principios de xestión administrativa pública.

En cada módulo formativo podemos traballar co mapa conceptual e o esquema do tema. Proporciona, entre outras utilidades, un glosario e a posibilidade de imprimir e de escoitar os contidos.
29/04/2005 12:39 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.

11/04/2005

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

20advo.jpgO día oito de abril -das 12.40 ás 13.30 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar administrativo/a. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.
11/04/2005 11:44 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.

15/03/2005

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

18XESTION.jpgCICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes, proveedores,...).

ENSINANZAS: (1300 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 340
Aplicacións informáticas 160
Comunicación, arquivo de información e operacións de teclado 160
Contabilidade xeral e tesourería 130
Productos e servicios financeiros e de seguros básicos 130
Horas a disposición do centro 85
Xestión administrativa de compravenda 80
Xestión administrativa de persoal 80
Principios de xestión administrativa pública 80
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos últimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.
15/03/2005 18:06 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya a Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]