CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS
PERFIL PROFESIONAL: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade. 
ENSINANZAS: (2000 horas)
Módulos formativos	Horas
Formación en centros de traballo	380
Sistemas auxiliares do motor	220
Circuitos de fluídos, suspensión e dirección	210
Circuitos electrotécnicos básicos. Sistemas de carga e arranque do vehículo	210
Sistemas de transmisión e freado	165
Motores	160
Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo	145
Sistemas de seguridade e de confortabilidade	130
Técnicas de mecanizado para o mantemento do vehículo	110
Horas á disposición do centro	80
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa	80
Seguridade no mantemento de vehículos	55
Formación e orientación laboral	55
TITULACIÓN: Técnico en Electromecánica de  Vehículos (imprescindible para abrir un taller ou transferilo de pais a fillos).
SAÍDAS LABORAIS: Mecánico  electricista de automóviles, de vehículos pesados, de maquinaria de obras públicas e de motocicletas. Mecánico de equipos diesel. Mantemento de turismos e vehículos pesados. Representante de maquinaria e utillaxe, tendas de repostos e xefe de ventas. 
SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.
INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: 
3 talleres equipados de 180 metros cadrados cada un, unha aula de tecnoloxía que conta con televisión-video, proxector de opacos e ordenador. 
Coches e motores de alta tecnoloxía (inxeccións diesel, commonrail, tdi), inxección electrónica gasolina, ABS, climatización, equipos de son, equipo eléctrico, maquetas de ABS e inxección electrónica de gasolina (multipunto e monopunto con catalizador).
Banco de probas eléctricas, banco diesel (axuste bombas diesel de control electrónico), osciloscopio, máquina de recarga de aire acondicionado, analizador dos gases de escape (gasolina e diesel), alineador de direccións informatizado, desmontadora e equilibradora de rodas e soldadura (mig, tig, eléctrica).