Se muestran los artículos pertenecientes al tema FINANZAS.
20/06/2005
RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET
Internet é unha fonte de recursos pedagóxicos que poden ser de interese para apoiar e mellorar a función docente.
En primeiro lugar, podemos visitar a web de contidos educativos da Xunta no seu apartado de Formación Profesional (FP), con vinte recursos didácticos para a Familia Profesional de Administración.
En segundo lugar, temos a guía en liña para empresarios e traballadores "en solitario", emprendedores/as que inician o seu proxecto en solitario.
En terceiro e último lugar, a ferramenta inforrmática para mellorar a competitividade das micropymes galegas ADESTRA, que ten por obxectivo principal a realización dun autodiagnóstico que permita definir un plan de acción a partir da análise da situación actual.
O sistema informático ADESTRA facilítase ás empresas que o soliciten -sen coste- chamando o teléfono 902 300 903 ou ben no correo electrónico jea@igape.es.
En primeiro lugar, podemos visitar a web de contidos educativos da Xunta no seu apartado de Formación Profesional (FP), con vinte recursos didácticos para a Familia Profesional de Administración.
En segundo lugar, temos a guía en liña para empresarios e traballadores "en solitario", emprendedores/as que inician o seu proxecto en solitario.
En terceiro e último lugar, a ferramenta inforrmática para mellorar a competitividade das micropymes galegas ADESTRA, que ten por obxectivo principal a realización dun autodiagnóstico que permita definir un plan de acción a partir da análise da situación actual.
O sistema informático ADESTRA facilítase ás empresas que o soliciten -sen coste- chamando o teléfono 902 300 903 ou ben no correo electrónico jea@igape.es.
13/05/2005
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Para realizar estudos de Formación Profesional Específica de grao Medio e de grao Superior hai que dispor da titulación requerida en cada caso, ou ben, realizar probas de acceso.A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Superior, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao Ciclo Superior ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existe a posibilidade de validación de determinados módulos formativos realizados no Ciclo Superior por certas áreas dos estudos universitarios que se recollen neste documento.
29/03/2005
DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO
Eva Rodríguez, ex-alumna do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas do IES "García Barbón", traballa en BEEP - Verín.15/03/2005
OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN
CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de responsabilidade na empresa.
ENSINANZAS: 2000 horas.
Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Contabilidade e fiscalidade 265
Aplicacións informáticas e operacións de teclado 240
Proxecto empresarial 165
Xestión financiera 160
Recursos humanos 130
Xestión de aprovisionamento 110
Proxecto integrado 110
Administración pública 90
Productos e servicios financeiros e de seguros 90
Auditoría 75
Xestión comercial e servicios de atención ó cliente 75
Formación e orientación laboral 55
Horas a disposición do centro 55
TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas.
SAÍDAS LABORAIS: Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea).
SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades), Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo, Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión.
INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos útltimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.
14/03/2005
Validacións de estudos universitarios
Os alumnos e alumnas que cursan un ciclo formativo de grao superior poden realizar determinados estudos universitarios relacionados coa súa especialidade. Complementariamente, para determinadas titulacións existe a posibilidade de validar un determinado número de asignaturas. Para coñecer as titulacións e as asignaturas que se validan temos que visitar o documento que se achega.03/03/2005
2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas
Foto das alumnas e dos alumnos do 2º curso do CicloSuperior de Administración e Finanzas coa profesora
Aida López.
1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas
Foto de varias alumnas e da profesora de Informática -Loli Domíguez-do 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

