Se muestran los artículos pertenecientes al tema N O V I D A D E S.
29/06/2005
COMEZA A TRABALLAR NO TEU FUTURO
A Ministra de Educación María Jesús San Segundo, na presentación da campaña de comunicación 2005 sobre a Formación Profesional -"Empieza a trabajar en tu futuro"-anunciou que, antes de rematar o ano, vanse aprobar 350 novas cualificacións de Formación Profesional.
Complementariamente, a ministra destacou os positivos datos de inserción laboral do alumnado de Formación Profesional (entre o 67 e o 70%). Co 100% de inserción profesional temos os títulos de Fabricación Mecánica, Madeira e Moble e Mantemento e Servizos á Producción.
Máis información no xornal EL MUNDO e na web de Consumer.es.

22/06/2005
GALICIA CONTARÁ COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA
O vindeiro curso 2005/2006 vai comezar a funcionar a Escola Superior de Arte Dramática, que terá a súa sede no actual IES de Bouzas (VIGO). A titulación que se acada será equivalente a de licenciado/a universitario. Os estudos teñen unha duración de catro anos. Para dispor de máis información, podemos consultar La Voz de Galicia.
17/06/2005
O 79% DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ENCONTRA UN POSTO DE TRABALLO
A tasa de inserción laboral dos alumnos/as galegos/as de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97% segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos/as que terminaron os seus estudos no ano 2003.
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).
Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.

08/06/2005
O BLOG DE CICLOS TRES MESES DESPOIS
O día oito de marzo de 2005 inauguramos o contador de visitas do Blog de Ciclos Formativos do IES "García Barbón" de Verín (Ourense). Tres meses despois, xa temos 1513 visitas.Os contidos do BLOG refírense á oferta formativa de Formación Profesional do centro, as actividades educativas desenvoltas e a distintas novas de carácter tecnolóxico (internet). En total, 66 entradas de información, 133 hipervínculos e 55 fotos e gifs.
24/05/2005
INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OPOSICIÓNS
A preparación de oposicións é unha alternativa para buscar un traballo, moi frecuente na provincia de Ourense. Por elo, coa colaboración de Academia Postal de Ourense, temos a ben facilitar información actualizada das distintas convocatorias.A información completa podemos consultala no documento que se achega.
18/05/2005
NOVOS CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2005/2006
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar sete novos ciclos de Formación Profesional Específica para o vindeiro curso académico 2005/2006.Os novos Ciclos Formativos de Grao Superior son: Radioterapia, que se implanta por primeira vez en Galicia no IES Ánxel Casal de Monte Alto (A Coruña); Son, no IES de Bouzas (Pontevedra) e o de Restauración no IES Manuel Antonio de Vigo.
Os novos Ciclos Formativos de Grao Medio son: Preimpresión de artes gráficas no IES Compostela de Santiago, Atención sociosanitaria no IES Portovello de Ourense, Xardinería no CFEA de Monforte de Lemos e o ciclo de Explotación de sistemas informáticos no IES de Teis (Vigo). Máis información no xornal El Correo Gallego.
05/05/2005
AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO EN PRÁCTICAS
No Diario Oficial de Galicia (4 de maio de 2005) aparece publicada a Orde do 23 de abril de 2005 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
O prazo de presentación é de corenta días naturais.
Máis información no documento que se achega.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
O prazo de presentación é de corenta días naturais.
Máis información no documento que se achega.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
28/04/2005
CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO, INSCRICIÓN E MATRÍCULA
Prazo de inscrición para as probas de acceso aos ciclos de grao medio e grao superior do 25 de abril ó 6 de maio na Secretaría do IES García Barbón".Data de realización da proba: 7 de xuño.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (solicitude de praza)
Ciclos de Grao Medio.
Do 17 de xuño ao 2 de xullo
Prazo de matricula: Do 15 ao 30 de xullo.
Ciclos de Grao Superior
Prazo de matrícula: Do 19 ao 29 de xullo."
27/04/2005
PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA EN OURENSE
PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE OURENSE (CURSO 2005/2006)
Convócanse prazas de residencia tanto masculinas como femininas para alumnos/as que queiran cursar estudos de Bacharelato e Ciclos Formativos (grao medio e superior) no vindeiro ano académico 2005/2006 e non dispoñan de centro próximo ó seu domicilio; estas becas supoñen a residencia gratuita no Centro Residencial Docente.
O impreso de solicitude pode recollelo nos centros educativos.
O prazo de solicitude remata o día 1 de xuño de 2005
CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE
Avenida da Universidade nº 18. A Cuña
32005 OURENSE
Teléfono: 988226300/04
Extensións 34 ou 45.

13/04/2005
FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL
Na Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas- o día 28, vai iniciarse a programación de cursos de Formación Ocupacional 2005.Para poder optar ós cursos será necesario ter máis de 16 anos, estar desocupado/a e dado de alta na oficina de emprego con tarxeta de demandante actualizada, na data de comenzo do curso.
Recorda que os cursos non terán coste para os participantes e que estes/as poderán percibir unha axuda de transporte ou de manutención/aloxamento, segundo a especialidade e residencia, por asistir ó curso.
NOME DO CURSO
Encargado/a de industrias alimentarias (horario de tarde: 16-21)
515 horas. Abril a setembro.
Técnico/a auxiliar de sistemas microinformáticos (horario de mañá: 9-14)
520 horas. Abril a setembro.
Máis información en TECNÓPOLE.
Correo electrónico: formacion@tecnopole.es
Teléfono: Mª José Fernández: 988368100
31/03/2005
MERCADO LABORAL E FORMACIÓN PROFESIONAL
Anuario 2005 da revista “ENTRE ESTUDIANTES” Ranking do emprego 2004ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Orde de importancia e familias profesionais máis demandadas
1º Administración
2º Edificación e Obra
3º Fabricación Mecánica
4º Electricidade e Electrónica
5º Metal
6º Hostelaría e Turismo
7º Informática
Ano e peso das titulacións de FP no conxunto das ofertas de emprego
2001 -25.95%
2002 -29.22%
2003 -31.12%
2004 -33.64%
As expectativas de inserción laboral das titulacións de Formación Profesional son moi boas a longo prazo, podendo chegar ó 40% do total da oferta.
Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
14/03/2005
RECURSOS PARA A FORMACIÓN PROFESIONAL
Internet é unha fonte eficaz de recursos pedagóxicos de apoio ós estudos de Formación Profesional. En concreto, a páxina web do Ministerio de Educación e Cultura aporta unha manchea de ferramentas pedagóxicas para o ensino nos ciclos formativos.Fai clic aquí.
21/02/2005
Os titulados de Formación Profesional e o emprego
Os titulados de Formación Profesional teñen maior facicilidade para insertarse laboralmente cos universitarios. Segundo os datos do Servicio de Orientación das Cámaras de Comercio, os postos de comercial, dependente, administrativos e electricistas son os máis demandados polas empresas. Para maior información consultar noticias.info.
18/02/2005
C.I.V.E. 2005. Colaboramos no Congreso Internacional Virtual de Educación
Do día 7 ó día 27 de Febreiro de 2005 ten lugar a quinta edición do Congreso Virtual.A nosa colaboración ten relación co uso de
internet como recurso de información académica e profesional para o alumnado de ciclos formativos. Unha síntese da
nosa aportación pode consultarse en Congreso Internacional Virtual de Educación 2005 (CIVE 2005)
Pleno emprego nas titulacións técnicas de FP
O 85 por cento do emprego fixo que crea Renault procede do
alumnado de Formación Profesional, o mesmo que o oitenta por cento
das corporacións de Iberdrola e o trinta por cento da de Banesto.
As especialidades máis demandadas en Iberdrola son os ciclos superiores de:
Desenvolvemento de Productos Electrónicos, Producción por Mecanizado,
Instalacións Eléctricas, Mantemento e Servizos á Producción,
Producción por Mecanizado, Análise e Control e Servicios Informáticos. Para máis
información consultar o artigo completo en Expansión & Empleo.Expansion & Empleo