Blogia
FORMACIÓN PROFESIONAL

O CORPO VIRTUAL E OS MEDICAMENTOS

O CORPO VIRTUAL E OS MEDICAMENTOS Pensando no profesorado e nas alumnas de Coidados Auxiliares de Enfermería vou a comentar brevemente dúas webs que considero de potencial interese.
A primeira leva por título "MEDtropolis - Virtual Body" e, aínda que ten como lingua orixinal o inglés, pode visualizarse perfectamente en castelán. Para poder coñecer os contidos e ilustracións -ou escoitalas- que nos ofrece temos que visitar MEDTROPOLIS.
A segunda páxina -premiada pola Xunta na convocatoria SIEGA 2004- foi realizada por un profesor -Francisco José Teijido López- para o Ciclo Medio de Farmacia no IES Leixa de Ferrol. Unha parte dos contidos da web poden ser do interese para as alumnas do Ciclo Medio de Enfermería e, por elo, aquí temos OS MEDICAMENTOS.

0 comentarios