Blogia
FORMACIÓN PROFESIONAL

ADMINISTRATIVO

PEDIDO, ALBARÁN E FACTURA

A familia profesional de Administración -presente na maioría dos institutos- conta con moitos e variados materiais didácticos en internet. A páxina que recomendamos hoxe -no Día de Internet- trata sobre "Pedido, albarán e factura".

 

UN PORTAL DE INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA

A páxina web de información administrativa Administración, pode ser unha ferramenta moi útil para o alumnado.

O portal facilita información especializada para o cidadán, para o empresario/a e sobre a organización pública. Podemos consultar  -entre outros-  temas de lexislación, emprego público, bolsas e axudas, educación, vivenda,  traballo e saúde.

Publicacións que podemos consultar

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS O día oito de abril -das 12.40 ás 13.30 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar administrativo/a. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes, proveedores,...).

ENSINANZAS: (1300 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 340
Aplicacións informáticas 160
Comunicación, arquivo de información e operacións de teclado 160
Contabilidade xeral e tesourería 130
Productos e servicios financeiros e de seguros básicos 130
Horas a disposición do centro 85
Xestión administrativa de compravenda 80
Xestión administrativa de persoal 80
Principios de xestión administrativa pública 80
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos últimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.