Blogia
FORMACIÓN PROFESIONAL

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de responsabilidade na empresa.

ENSINANZAS: 2000 horas.

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Contabilidade e fiscalidade 265
Aplicacións informáticas e operacións de teclado 240
Proxecto empresarial 165
Xestión financiera 160
Recursos humanos 130
Xestión de aprovisionamento 110
Proxecto integrado 110
Administración pública 90
Productos e servicios financeiros e de seguros 90
Auditoría 75
Xestión comercial e servicios de atención ó cliente 75
Formación e orientación laboral 55
Horas a disposición do centro 55

TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas.

SAÍDAS LABORAIS: Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades), Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo, Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos útltimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres