Blogia

FORMACIÓN PROFESIONAL

FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

Na Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas- o día 28, vai iniciarse a programación de cursos de Formación Ocupacional 2005.
Para poder optar ós cursos será necesario ter máis de 16 anos, estar desocupado/a e dado de alta na oficina de emprego con tarxeta de demandante actualizada, na data de comenzo do curso.
Recorda que os cursos non terán coste para os participantes e que estes/as poderán percibir unha axuda de transporte ou de manutención/aloxamento, segundo a especialidade e residencia, por asistir ó curso.
NOME DO CURSO
Encargado/a de industrias alimentarias (horario de tarde: 16-21)
515 horas. Abril a setembro.
Técnico/a auxiliar de sistemas microinformáticos (horario de mañá: 9-14)
520 horas. Abril a setembro.
Máis información en TECNÓPOLE.
Correo electrónico: formacion@tecnopole.es
Teléfono: Mª José Fernández: 988368100

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

O día oito de abril -das 13.30 ás 14.20 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar de clínica. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

O día oito de abril -das 12.40 ás 13.30 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar administrativo/a. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.

C.I.V.E. 2005. Colaboramos no Congreso Internacional Virtual de Educación

C.I.V.E. 2005. Colaboramos no Congreso Internacional Virtual de Educación

Do día 7 ó día 27 de Febreiro de 2005 ten lugar a quinta edición
do Congreso Virtual.A nosa colaboración ten relación co uso de
internet como recurso de información académica e profesional para o alumnado de ciclos formativos. Unha síntese da
nosa aportación pode consultarse en Congreso Internacional Virtual de Educación 2005 (CIVE 2005)

PSICÓLOGA EN PRÁCTICAS (CAP)

PSICÓLOGA EN PRÁCTICAS (CAP)

Marta Rodríguez -licenciada en Psicoloxía- realiza as prácticas do Curso de Aptitude Pedagóxica (C.A.P.) no Departamento de Orientación do IES "García Barbón".
Aproveitando os seus coñecementos, faloulles ás mozas do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería en relación co tratamento e apoio psicolóxico dos doentes terminais.

Os titulados de Formación Profesional e o emprego

Os titulados de Formación Profesional teñen maior facicilidade para insertarse laboralmente cos universitarios. Segundo os datos do Servicio de Orientación das Cámaras de Comercio, os postos de comercial, dependente, administrativos e electricistas son os máis demandados polas empresas. Para maior información consultar noticias.info.

Pleno emprego nas titulacións técnicas de FP

O 85 por cento do emprego fixo que crea Renault procede do
alumnado de Formación Profesional, o mesmo que o oitenta por cento
das corporacións de Iberdrola e o trinta por cento da de Banesto.
As especialidades máis demandadas en Iberdrola son os ciclos superiores de:
Desenvolvemento de Productos Electrónicos, Producción por Mecanizado,
Instalacións Eléctricas, Mantemento e Servizos á Producción,
Producción por Mecanizado, Análise e Control e Servicios Informáticos. Para máis
información consultar o artigo completo en Expansión & Empleo.Expansion & Empleo

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OPERARIO/A MAQUINISTA DE CONFECCIÓN INDUSTRIAL

774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Cosedor, ensamblador
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de confección
No domicilio
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio

BUSCAR EN GOOGLE E YAHOO Á VEZ

BUSCAR EN GOOGLE E YAHOO Á VEZ

Cada certo tempo, aparecen novas ferramentas para buscar información en internet. Hoxe, a novidade é a posibilidade de ter, nunha mesma páxina, os resultados que xeran o buscador GOOGLE e o Buscador YAHOO. Podes visitar YAGOOHOOGLE.COM
Máis información en Aula21.net.

BUSCAR CON GOOGLE




Google

O buscador por excelencia é, sin dubida, GOOGLE.

Outras alternativas para buscar información son: XTRAGOOGLE.
GOOGLE ACADÉMICO. e MR SAPO.
Máis información sobre buscadores en: CICLOS GARCÍA BARBÓN.
Para enterarse das novidades de GOOGLE non deixes de visitara web de googlemania.

O CORREO DE GOOGLE: GMAIL

O CORREO DE GOOGLE: GMAIL

GOOGLE incrementa a capacidade do seu correo de balde prometendo capacidade máis que infinita.
A compañía do buscador máis popular aumentou a capacidade das súas contas a 1592 Mb e promete aumentalas máis.
Máis información: Código Cero.

MERCADO LABORAL E FORMACIÓN PROFESIONAL

MERCADO LABORAL E FORMACIÓN PROFESIONAL

Anuario 2005 da revista “ENTRE ESTUDIANTES” Ranking do emprego 2004

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Orde de importancia e familias profesionais máis demandadas
1º Administración
2º Edificación e Obra
3º Fabricación Mecánica
4º Electricidade e Electrónica
5º Metal
6º Hostelaría e Turismo
7º Informática

Ano e peso das titulacións de FP no conxunto das ofertas de emprego
2001 -25.95%
2002 -29.22%
2003 -31.12%
2004 -33.64%

As expectativas de inserción laboral das titulacións de Formación Profesional son moi boas a longo prazo, podendo chegar ó 40% do total da oferta.

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

Aurora Vázquez, ex-alumna do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES "García Barbón", traballa na Residencia da terceira idade MONTE BARRIO que dirixe Eva María Rodríguez Sanmartín no concello de RIÓS. Na foto, Aurora -á esquerda- e a directora da Residencia.

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

Montserrat Garrido, ex-alumna do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES García Barbón, traballa na Residencia da terceira idade MONTE BARRIO no concello de RIÓS. Na foto, que aparecen varias traballadoras, Montserrat é a primeira pola esquerda.

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

Eva Rodríguez, ex-alumna do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas do IES "García Barbón", traballa en BEEP - Verín.

BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET

BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET

Unha das tarefas importantes que se realizan na rede
ten relación directa coa busca de información. Por elo,
no noso traballo de "Orientación con internet" recomendamos
os seguintes BUSCADORES:
Clasifica a información en carpetas, facilitando a selección da información.
Presenta a información resultante nun formato de mapa conceptual.
Base de datos de acceso gratuito.

A SAÚDE E INTERNET

A SAÚDE E INTERNET

O psicólogo Iñaki Lorente escribe un
interesante artigo sobre os doentes
e as webs de saúde e facilítanos
unhas recomendacións para unha
axeitada utilización de internet.
O artigo completo pode consultarse
neste documento en pdf.

Validacións de estudos universitarios

Validacións de estudos universitarios

Os alumnos e alumnas que cursan un ciclo formativo de grao superior poden realizar determinados estudos universitarios relacionados coa súa especialidade. Complementariamente, para determinadas titulacións existe a posibilidade de validar un determinado número de asignaturas. Para coñecer as titulacións e as asignaturas que se validan temos que visitar o documento que se achega.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de responsabilidade na empresa.

ENSINANZAS: 2000 horas.

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Contabilidade e fiscalidade 265
Aplicacións informáticas e operacións de teclado 240
Proxecto empresarial 165
Xestión financiera 160
Recursos humanos 130
Xestión de aprovisionamento 110
Proxecto integrado 110
Administración pública 90
Productos e servicios financeiros e de seguros 90
Auditoría 75
Xestión comercial e servicios de atención ó cliente 75
Formación e orientación laboral 55
Horas a disposición do centro 55

TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas.

SAÍDAS LABORAIS: Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades), Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo, Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos útltimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes, proveedores,...).

ENSINANZAS: (1300 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 340
Aplicacións informáticas 160
Comunicación, arquivo de información e operacións de teclado 160
Contabilidade xeral e tesourería 130
Productos e servicios financeiros e de seguros básicos 130
Horas a disposición do centro 85
Xestión administrativa de compravenda 80
Xestión administrativa de persoal 80
Principios de xestión administrativa pública 80
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos últimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.