Blogia

FORMACIÓN PROFESIONAL

O 79% DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ENCONTRA UN POSTO DE TRABALLO

A tasa de inserción laboral dos alumnos/as galegos/as de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97% segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos/as que terminaron os seus estudos no ano 2003.
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).

Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.

TEMAS DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

TEMAS DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

Quremos recomendar unha páxina que nos facilita a consulta de información sobre sete temas do Módulo de Formación e Orientación Laboral.
Os sete temas que se tratan son os seguíntes:
O Dereito Laboral.
A relación laboral.
Modalidades de contratación.
O tempo de traballo.
O salario.
Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
A representación laboral e a negociación colectiva.
Para complementar o proceso de traballo, podemos coñecer os obxetivos de cada unidade didáctica, realizar os cuestionarios de autoavaliación e descargar os temas completos.

Máis información que pode interesarche:

Recurso didáctico sobre "O contrato de traballo"

EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIAL

Nesta aportación vamos a recomendar a visita a distintas páxinas webs de interese, tanto pola información que nos aportan, como pola súa presentación visual e moi didáctica.
En primeiro lugar, consellos para aforrar combustible ó conducir.
En segundo lugar, recomendacións para o uso correcto do cinto de seguridade.
En terceiro lugar, consellos e trucos para conducir en condicións adversas.
En cuarto lugar, consellos para conducir con néboa.
En quinto lugar, Sobre a periodicidade da ITV (Inspección Técnica de Vehículos) dos distintos vehículos.
En sexto e último lugar, modelos de cascos para motocicletas.

Información facilitada por José Luís Fernández Sampedro

CURSO PRÁCTICO

CURSO PRÁCTICO

O Departamento de Enfermería -profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería- do IES "García Barbón" de Verín vai impartir un Curso Práctico de COIDADOS BÁSICOS DUN ENFERMO ENCAMADO os días 20, 21 e 22 de xuño das 18 ás 20 horas.
Información e inscricións no teléfono 988 410379

O BLOG DE CICLOS TRES MESES DESPOIS

O BLOG DE CICLOS TRES MESES DESPOIS

O día oito de marzo de 2005 inauguramos o contador de visitas do Blog de Ciclos Formativos do IES "García Barbón" de Verín (Ourense). Tres meses despois, xa temos 1513 visitas.
Os contidos do BLOG refírense á oferta formativa de Formación Profesional do centro, as actividades educativas desenvoltas e a distintas novas de carácter tecnolóxico (internet). En total, 66 entradas de información, 133 hipervínculos e 55 fotos e gifs.

EXPOSICIÓN DAS ALUMNAS DE MODA

EXPOSICIÓN DAS ALUMNAS DE MODA

As alumnas do Programa de Garantía Social de Moda
-Elizabeth Zara León Pérez,
-Paula Veiga Feijoó e
-Erika Vivián Lorenzo-,
dirixidas pola súa titora e profesora de Formación Práctica, Cruz Iglesias Viqueira, presentan unha exposición de roupa realizada por elas no Taller de Moda do IES "García Barbón".
Complementariamente, podemos ver unha COLECCIÓN DE FOTOGRAFÍAS CON DISTINTOS MODELOS.
Noraboa ás alumnas e a súa profesora polo excelente traballo realizado.

O MELLOR CORREO ELECTRÓNICO SEN COSTE

O MELLOR CORREO ELECTRÓNICO SEN COSTE

A revista CONSUMER publica un estudo sobre sete contas de correo electrónico sen coste.
Na primeira parte do informe, presenta un resume dos resultados.
A segunda parte, da conta das variables analizadas na investigación.
En terceiro lugar, informa sobre o correo web ideal.
En cuarto e último lugar, fanse unha serie de recomendacións ou consellos de uso do correo electrónico.

A ENTREVISTA DE TRABALLO

A ENTREVISTA DE TRABALLO

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A ENTREVISTA DE TRABALLO

Paso número 1.
Antes da entrevista
Durante a entrevista
Ponte no lugar do entrevistador
25 preguntas frecuentes
A saída da entrevista
Fai prácticas
En conclusión

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OPOSICIÓNS

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OPOSICIÓNS

A preparación de oposicións é unha alternativa para buscar un traballo, moi frecuente na provincia de Ourense. Por elo, coa colaboración de Academia Postal de Ourense, temos a ben facilitar información actualizada das distintas convocatorias.
A información completa podemos consultala no documento que se achega.

EXCURSIÓN A OURENSE

EXCURSIÓN A OURENSE

As alumnas do Programa de Garantía Social de Moda viaxaron a Ourense -o día cinco de maio- para visitar a Exposición de Proxectos Finais dos alumnos/as da Promoción 2004 (do Instituto Superior de Tecnoloxía e Deseño Textil)no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Aproveitaron a viaxe para parar en Allariz, donde visitaron a empresa textil ROFER.
As alumnas foron acompañadas pola profesora Cruz Iglesias Viqueira.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín

VISITA A CENTROS SANITARIOS E RESIDENCIA

VISITA A CENTROS SANITARIOS E RESIDENCIA

As alumnas do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería, acompañadas pola profesora Mercedes Fernández Barreiro e o profesor Alfredo Regueiro Fernández, visitaron -o día seis de maio de 2005- distintas institucións sanitarias de Verín e viaxaron ó concello de Riós para coñecer a Residencia da terceira idade "Monte Barrio".
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín

NOVOS CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2005/2006

NOVOS CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2005/2006

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar sete novos ciclos de Formación Profesional Específica para o vindeiro curso académico 2005/2006.
Os novos Ciclos Formativos de Grao Superior son: Radioterapia, que se implanta por primeira vez en Galicia no IES Ánxel Casal de Monte Alto (A Coruña); Son, no IES de Bouzas (Pontevedra) e o de Restauración no IES Manuel Antonio de Vigo.
Os novos Ciclos Formativos de Grao Medio son: Preimpresión de artes gráficas no IES Compostela de Santiago, Atención sociosanitaria no IES Portovello de Ourense, Xardinería no CFEA de Monforte de Lemos e o ciclo de Explotación de sistemas informáticos no IES de Teis (Vigo). Máis información no xornal El Correo Gallego.

RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL

RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL

Na páxina web do Ministerio de Educación e Ciencia. dispomos de diversos materiais didácticos. Para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa podemos recomendar os seguíntes títulos:

Comunicación, arquivo da información e operatoria de teclados.
Xestión administrativa de compra-venda.
Xestión administrativa de persoal.
Contabilidade xeral e tesourería.
Productos e servizos financeiros e de seguros básicos.
Principios de xestión administrativa pública.

En cada módulo formativo podemos traballar co mapa conceptual e o esquema do tema. Proporciona, entre outras utilidades, un glosario e a posibilidade de imprimir e de escoitar os contidos.

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO, INSCRICIÓN E MATRÍCULA

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO, INSCRICIÓN E MATRÍCULA

Prazo de inscrición para as probas de acceso aos ciclos de grao medio e grao superior do 25 de abril ó 6 de maio na Secretaría do IES García Barbón".
Data de realización da proba: 7 de xuño.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (solicitude de praza)
Ciclos de Grao Medio.
Do 17 de xuño ao 2 de xullo
Prazo de matricula: Do 15 ao 30 de xullo.
Ciclos de Grao Superior
Prazo de matrícula: Do 19 ao 29 de xullo."

ORIENTARSE CON INTERNET

ORIENTARSE CON INTERNET

Orientarse con internet é unha actividade educativa que promove o Departamento de Orientación do IES "García Barbón". Tal actividade pretende, por unha banda, a potenciación do uso de internet como ferramenta de información, formación e comunicación para a orientación académica e profesional do alumnado e, por outra banda, procurar que o alumnado teña un nivel básico de formación tecnolóxica.
Froito do noso traballo co alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional durante o curso 2004/2005, elaboramos unha selección de páxinas web de potencial interese.
O documento íntegro de tal proposta pode consultarse en Orientarse con Internet na Formación Profesional (OCIFP).

PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA EN OURENSE

PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE OURENSE (CURSO 2005/2006)

Convócanse prazas de residencia tanto masculinas como femininas para alumnos/as que queiran cursar estudos de Bacharelato e Ciclos Formativos (grao medio e superior) no vindeiro ano académico 2005/2006 e non dispoñan de centro próximo ó seu domicilio; estas becas supoñen a residencia gratuita no Centro Residencial Docente.
O impreso de solicitude pode recollelo nos centros educativos.
O prazo de solicitude remata o día 1 de xuño de 2005

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE
Avenida da Universidade nº 18. A Cuña
32005 OURENSE
Teléfono: 988226300/04
Extensións 34 ou 45.

FIGURAS DE SIMULACIÓN VIRTUAL

FIGURAS DE SIMULACIÓN VIRTUAL

No Ciclo de Grao Medio de Electromecánica de vehículos hai un Módulo formativo que se chama Sistemas Auxiliares do Motor . As simulacións que se facilitan poder ser un útil recurso pedagóxico para a aprendizaxe dos contidos do módulo.
1.-Funcionamento do circuito de ralentí do carburador.
2.-Funcionamento do circuito de aceleración do carburador.
3.-Funcionamento do circuito de inxección de gasolina.
4.-Funcionamento do circuito da válvula de aire adicional no sistema de inxección de gasolina.
5.-Funcionamento da electrobomba (sistema common rail diesel).
6.-Funcionamento do filtro de combustible (sistema diesel common rail).
7.-Funcionamento da sonda lambda nun motor de inxección gasolina.
8.-Sistema de encendido por platinos.
9.-Funcionamento dun sistema de encendido por platinos.
10.-Sistema electrónico de encendido por inducción.
11.-Funcionamento dun termostato de fuelle.
Innformación facilitada por José Luis Fernández Sampedro

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Unir voces en defensa do ensino público é o título do manifesto para o que se realiza unha campaña de recollida de sinaturas.
A información sobre o texto completo de tal manifesto pode consultarse na páxina web que se facilita aquí.
Para asinar o manifesto podemos entrar na páxina da cig-ensino.

O CORPO VIRTUAL E OS MEDICAMENTOS

O CORPO VIRTUAL E OS MEDICAMENTOS

Pensando no profesorado e nas alumnas de Coidados Auxiliares de Enfermería vou a comentar brevemente dúas webs que considero de potencial interese.
A primeira leva por título "MEDtropolis - Virtual Body" e, aínda que ten como lingua orixinal o inglés, pode visualizarse perfectamente en castelán. Para poder coñecer os contidos e ilustracións -ou escoitalas- que nos ofrece temos que visitar MEDTROPOLIS.
A segunda páxina -premiada pola Xunta na convocatoria SIEGA 2004- foi realizada por un profesor -Francisco José Teijido López- para o Ciclo Medio de Farmacia no IES Leixa de Ferrol. Unha parte dos contidos da web poden ser do interese para as alumnas do Ciclo Medio de Enfermería e, por elo, aquí temos OS MEDICAMENTOS.

INTERNET AXUDA A BUSCAR UN EMPREGO

INTERNET AXUDA A BUSCAR UN EMPREGO

BUSCAR EMPREGO COA AXUDA DE INTERNET

Para buscar emprego son necesarias todas as axudas. Internet pode facilitarnos o camiño.

Un dos portais de emprego que recomendamos ó alumnado é o de CIMOEMPLEO. Nesta web especializada podemos saber, entre outras moitas novidades, as ofertas de emprego actuais -por especialidades-.

Outra fonte de información que podemos visitar é a do Servizo Galego de Colocación. Todos os venres publican as novas ofertas de emprego.

Temos máis ofertas de emprego na páxina da Confederación de Empresarios de Galicia.

Para rematar, podemos insertar o noso currículum vitae na páxina do Parque Tecnolóxico de Galicia.