Blogia

FORMACIÓN PROFESIONAL

PEDIDO, ALBARÁN E FACTURA

A familia profesional de Administración -presente na maioría dos institutos- conta con moitos e variados materiais didácticos en internet. A páxina que recomendamos hoxe -no Día de Internet- trata sobre "Pedido, albarán e factura".

 

ORIENTARSE CON INTERNET

"Orientarse con internet" é unha actividade educativa que ofrece o Departamento de Orientación do IES "García Barbón" para o alumnado. Tal actividade pretende que os mozos e as mozas usen internet para informarse, comunicarse e aprender.

A proposta xeral que se facilita pretende servir de base para o traballo na aula.

UN PORTAL DE INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA

A páxina web de información administrativa Administración, pode ser unha ferramenta moi útil para o alumnado.

O portal facilita información especializada para o cidadán, para o empresario/a e sobre a organización pública. Podemos consultar  -entre outros-  temas de lexislación, emprego público, bolsas e axudas, educación, vivenda,  traballo e saúde.

Publicacións que podemos consultar

RECURSOS DIDÁCTICOS SOBRE A SAÚDE

O mundo da saúde ten unha importante presenza nos medios de comunicación e, internet representa un recurso de especial interese para dar a coñecer temas relacionados coa saúde.
Neste sentido, consideramos que pode ser de utilidade visitar a páxina de SAÚDE do xornal EL MUNDO. Facilita datos sobre distintos temas de actualidade (cancro, sida, tabaco,etc) e proporciona unha manchea de recursos (gráficos, documentos, fotografías, animacións, etc). Visita El Mundo.es SALUD.
Para rematar, sinalar que o xornal EL PAÍS conta cunha web específica sobre temas de saúde, que podemos visitar en WEBSALUD.COM

MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A PREPARACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Os materiais constan dunha programación para a parte científico-tecnolóxica e doutras tres programacións para as materias que compoñen a parte sociocultural da proba (Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura).
Para poder consultar os materiais hai que visitar a páxina de Formación Profesional.

RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET

Un dos módulos formativos do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos é o de "Sistemas de transmisión e freada" con 165 horas de formación.
Para favorecer a aprendizaxe do módulo, podemos recomendar os seguíntes recursos:
1.- Funcionamento do embrague de resortes.
2.-Funcionamento do embrague de diafragma.
3.-Embrague de fricción tipo diagrama.
4.-Funcionamento da caixa de cambios.
5.-Funcionamento dun engranaxe planetario.
6.-Funcionamento do freo de disco.
7.-Funcionamento do freo de tambor.

Información facilitada por José Luis Fernández Sampedro

CURSO PRÁCTICO NO I.E.S. "GARCÍA BARBÓN"

CURSO  PRÁCTICO NO  I.E.S.  "GARCÍA  BARBÓN"

Unha foto das persoas que participaron no Curso Práctico Coidados básicos dun enfermo/a encamado impartido por Mercedes Fernández e Alfredo Regueiro, profesores do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES "García Barbón".

AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO EN PRÁCTICAS

No Diario Oficial de Galicia (4 de maio de 2005) aparece publicada a Orde do 23 de abril de 2005 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
O prazo de presentación é de corenta días naturais.
Máis información no documento que se achega.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO

Para realizar estudos de Formación Profesional Específica de grao Medio e de grao Superior hai que dispor da titulación requerida en cada caso, ou ben, realizar probas de acceso.
A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Medio, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao ciclo Medio ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existen materiais didácticos para a preparación das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio.

RECURSOS PARA A FORMACIÓN PROFESIONAL

RECURSOS PARA A FORMACIÓN PROFESIONAL

Internet é unha fonte eficaz de recursos pedagóxicos de apoio ós estudos de Formación Profesional.
En concreto, a páxina web do Ministerio de Educación e Cultura aporta unha manchea de ferramentas pedagóxicas para o ensino nos ciclos formativos.Fai clic aquí.

Programas de Garantía Social 2005/2006

Programas de Garantía Social 2005/2006

O Plan Galego de Formación Profesional refírese aos programas de garantía social no seu punto 6.2.4 ao propor un plan de reforzo da implantación destes
programas. Por elo, se publica no Diario Oficial de Galicia (2 de marzo de 2005) a Resolución pola que se regula o desenvolvemento dos programas de garantía
social en centros públicos para o curso 2005/2006.
Máis información facendo clic aquí.

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Para realizar estudos de Formación Profesional Específica de grao Medio e de grao Superior hai que dispor da titulación requerida en cada caso, ou ben, realizar probas de acceso.
A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Superior, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao Ciclo Superior ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existe a posibilidade de validación de determinados módulos formativos realizados no Ciclo Superior por certas áreas dos estudos universitarios que se recollen neste documento.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

AXUDANTE DE MECÁNICA XERAL E ELECTRICIDADE DO VEHÍCULO

774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Auxiliar de mantemento do vehículo
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de reparación de vehículos
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OPERARIO DE CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS EN ALUMINIO
774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Fabricante de portas e ventás en aluminio
Colocador de estructuras de aluminio en obra
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de carpintería metálica
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

PERFIL PROFESIONAL: Permite proporcionar coidados auxiliares ó doente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermería nos centros sanitarios e de saúde bucodental.

ENSINANZAS: (1400 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 440
Técnicas básicas de enfermería 320
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente 130
Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica 130
Operacións administrativas e documentación sanitaria 55
Relacións no equipo de traballo 55
Formación e orientación laboal 55
Horas a disposición do centro 55

TITULACIÓN: Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar de enfermería –clínica, de balnearios, de atención primaria e de coidados de enfermería a domicilio-.
Auxiliar (bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Aula taller de enfermería, aula polivalente e gabinete bucodental.
Gabinete de saúde bucodental. Carros de curas. Camas, padiolas, mesas de exploración, cuna, sillas de rodas e material ortopédico. Boneco adulto e infantil para prácticas. Modelos en tres dimensións de esqueleto, músculos e reanimación cardiopulmonar. Instrumental de toma de constantes e de exploración.
Vídeo-tv, retroproxector, ordenadores e impresora. Extensa bibliografía e cds interactivos.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE INSTALACIÓN E MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE MAQUINARIA E CONDUCCIÓN DE LIÑAS

PERFIL PROFESIONAL: Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, montar automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e facer montaxes electromecánicos de maquinaria e de equipo industrial.

ENSINANZAS: (2000 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Técnicas de mecanizado para o mantemento e montaxe 290
Montaxe e mantemento mecánico 220
Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 215
Electrotecnia 185
Montaxe e mantemento eléctrico 185
Conducción e mantemento de liñas automatizadas 145
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Horas a disposición do centro 80
Seguridade na montaxe e mantemento de equipos e instalacións 55
Relacións no equipo de traballo 55
Calidade na montaxe e proceso 55
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Conducción de Liñas.

SAÍDAS LABORAIS: Montaxe e mantemento de instalacións. Metalurxia e fabricación de productos metálicos. Industrias de construcción de maquinaria, servicios, téxtil, alimenticias, vehículos e equipo mecánico. Reparación de maquinaria e equipo industrial.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Taller de mantemento, de equipos electrotécnicos e de mecanizado. Laboratorio de sistemas automáticos dotado de ordenadores e equipos para a simulación de programas técnicos e aula polivalente.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

PERFIL PROFESIONAL: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade.

ENSINANZAS: (2000 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Sistemas auxiliares do motor 220
Circuitos de fluídos, suspensión e dirección 210
Circuitos electrotécnicos básicos. Sistemas de carga e arranque do vehículo 210
Sistemas de transmisión e freado 165
Motores 160
Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo 145
Sistemas de seguridade e de confortabilidade 130
Técnicas de mecanizado para o mantemento do vehículo 110
Horas á disposición do centro 80
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Seguridade no mantemento de vehículos 55
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Electromecánica de Vehículos (imprescindible para abrir un taller ou transferilo de pais a fillos).

SAÍDAS LABORAIS: Mecánico – electricista de automóviles, de vehículos pesados, de maquinaria de obras públicas e de motocicletas. Mecánico de equipos diesel. Mantemento de turismos e vehículos pesados. Representante de maquinaria e utillaxe, tendas de repostos e xefe de ventas.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS:
3 talleres equipados de 180 metros cadrados cada un, unha aula de tecnoloxía que conta con televisión-video, proxector de opacos e ordenador.
Coches e motores de alta tecnoloxía (inxeccións diesel, commonrail, tdi), inxección electrónica gasolina, ABS, climatización, equipos de son, equipo eléctrico, maquetas de ABS e inxección electrónica de gasolina (multipunto e monopunto con catalizador).
Banco de probas eléctricas, banco diesel (axuste bombas diesel de control electrónico), osciloscopio, máquina de recarga de aire acondicionado, analizador dos gases de escape (gasolina e diesel), alineador de direccións informatizado, desmontadora e equilibradora de rodas e soldadura (mig, tig, eléctrica).

COMEZA A TRABALLAR NO TEU FUTURO

A Ministra de Educación María Jesús San Segundo, na presentación da campaña de comunicación 2005 sobre a Formación Profesional -"Empieza a trabajar en tu futuro"-anunciou que, antes de rematar o ano, vanse aprobar 350 novas cualificacións de Formación Profesional.
Complementariamente, a ministra destacou os positivos datos de inserción laboral do alumnado de Formación Profesional (entre o 67 e o 70%). Co 100% de inserción profesional temos os títulos de Fabricación Mecánica, Madeira e Moble e Mantemento e Servizos á Producción.
Máis información no xornal EL MUNDO e na web de Consumer.es.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

GALICIA CONTARÁ COA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA

O vindeiro curso 2005/2006 vai comezar a funcionar a Escola Superior de Arte Dramática, que terá a súa sede no actual IES de Bouzas (VIGO). A titulación que se acada será equivalente a de licenciado/a universitario. Os estudos teñen unha duración de catro anos. Para dispor de máis información, podemos consultar La Voz de Galicia.

RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET

Internet é unha fonte de recursos pedagóxicos que poden ser de interese para apoiar e mellorar a función docente.
En primeiro lugar, podemos visitar a web de contidos educativos da Xunta no seu apartado de Formación Profesional (FP), con vinte recursos didácticos para a Familia Profesional de Administración.
En segundo lugar, temos a guía en liña para empresarios e traballadores "en solitario", emprendedores/as que inician o seu proxecto en solitario.
En terceiro e último lugar, a ferramenta inforrmática para mellorar a competitividade das micropymes galegas ADESTRA, que ten por obxectivo principal a realización dun autodiagnóstico que permita definir un plan de acción a partir da análise da situación actual.
O sistema informático ADESTRA facilítase ás empresas que o soliciten -sen coste- chamando o teléfono 902 300 903 ou ben no correo electrónico jea@igape.es.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres