Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

04/04/2005

O CORREO DE GOOGLE: GMAIL

logogmail.gifGOOGLE incrementa a capacidade do seu correo de balde prometendo capacidade máis que infinita.
A compañía do buscador máis popular aumentou a capacidade das súas contas a 1592 Mb e promete aumentalas máis.
Máis información: Código Cero.
04/04/2005 11:24 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

OPERARIO DE CONSTRUCCIÓNS METÁLICAS EN ALUMINIO
774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Fabricante de portas e ventás en aluminio
Colocador de estructuras de aluminio en obra
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de carpintería metálica
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio
04/04/2005 13:11 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

05/04/2005

BUSCAR EN GOOGLE E YAHOO Á VEZ

yagoohooglepro.pngCada certo tempo, aparecen novas ferramentas para buscar información en internet. Hoxe, a novidade é a posibilidade de ter, nunha mesma páxina, os resultados que xeran o buscador GOOGLE e o Buscador YAHOO. Podes visitar YAGOOHOOGLE.COM
Máis información en Aula21.net.
05/04/2005 11:28 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

06/04/2005

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

20autoPICT1150.jpgAXUDANTE DE MECÁNICA XERAL E ELECTRICIDADE DO VEHÍCULO

774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Auxiliar de mantemento do vehículo
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de reparación de vehículos
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio
06/04/2005 13:11 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

08/04/2005

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

20modaPICT1152.jpgOPERARIO/A MAQUINISTA DE CONFECCIÓN INDUSTRIAL

774 horas ( 929 periodos )
+ 1 mes de prácticas en empresa

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
PERFIL PROFESIONAL
Cosedor, ensamblador
ENSINANZAS
Formación básica ( 182 horas )
Formación e orientación laboral ( 52 horas )
Titoría ( 26 horas )
Actividades complementarias ( 52 horas )
Formación profesional específica e técnico-profesional ( 462 horas )
Prácticas en empresa (“voluntarias”) ( 1 mes )
TITULACIÓN
Certificación
SAIDAS LABORAIS
Talleres de confección
No domicilio
SAIDAS ACADÉMICAS
Permite realizar as probas de acceso ós ciclos de grao medio
08/04/2005 08:09 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

11/04/2005

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

20cae.jpgO día oito de abril -das 13.30 ás 14.20 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar de clínica. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.
11/04/2005 11:45 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OPOSICIÓNS

20advo.jpgO día oito de abril -das 12.40 ás 13.30 horas- tivo lugar unha charla informativa sobre oposicións -aspectos xerais- e en relación coas características específicas da convocatoria de auxiliar administrativo/a. Moitas grazas a Yolanda Mosquera de Academía Postal de Ourense pola súa aportación e polo material entregado.
11/04/2005 11:44 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.

12/04/2005

MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A PREPARACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Os materiais constan dunha programación para a parte científico-tecnolóxica e doutras tres programacións para as materias que compoñen a parte sociocultural da proba (Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura).
Para poder consultar os materiais hai que visitar a páxina de Formación Profesional.
12/04/2005 19:14 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

13/04/2005

FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

tecnopole.jpgNa Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas- o día 28, vai iniciarse a programación de cursos de Formación Ocupacional 2005.
Para poder optar ós cursos será necesario ter máis de 16 anos, estar desocupado/a e dado de alta na oficina de emprego con tarxeta de demandante actualizada, na data de comenzo do curso.
Recorda que os cursos non terán coste para os participantes e que estes/as poderán percibir unha axuda de transporte ou de manutención/aloxamento, segundo a especialidade e residencia, por asistir ó curso.
NOME DO CURSO
Encargado/a de industrias alimentarias (horario de tarde: 16-21)
515 horas. Abril a setembro.
Técnico/a auxiliar de sistemas microinformáticos (horario de mañá: 9-14)
520 horas. Abril a setembro.
Máis información en TECNÓPOLE.
Correo electrónico: formacion@tecnopole.es
Teléfono: Mª José Fernández: 988368100
13/04/2005 19:04 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

15/04/2005

INTERNET AXUDA A BUSCAR UN EMPREGO

emprego.jpgBUSCAR EMPREGO COA AXUDA DE INTERNET

Para buscar emprego son necesarias todas as axudas. Internet pode facilitarnos o camiño.

Un dos portais de emprego que recomendamos ó alumnado é o de CIMOEMPLEO. Nesta web especializada podemos saber, entre outras moitas novidades, as ofertas de emprego actuais -por especialidades-.

Outra fonte de información que podemos visitar é a do Servizo Galego de Colocación. Todos os venres publican as novas ofertas de emprego.

Temos máis ofertas de emprego na páxina da Confederación de Empresarios de Galicia.

Para rematar, podemos insertar o noso currículum vitae na páxina do Parque Tecnolóxico de Galicia.
15/04/2005 21:16 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

19/04/2005

ORIENTARSE CON INTERNET

internet.jpgOrientarse con internet é unha actividade educativa que promove o Departamento de Orientación do IES "García Barbón". Tal actividade pretende, por unha banda, a potenciación do uso de internet como ferramenta de información, formación e comunicación para a orientación académica e profesional do alumnado e, por outra banda, procurar que o alumnado teña un nivel básico de formación tecnolóxica.
Froito do noso traballo co alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional durante o curso 2004/2005, elaboramos unha selección de páxinas web de potencial interese.
O documento íntegro de tal proposta pode consultarse en Orientarse con Internet na Formación Profesional (OCIFP).
19/04/2005 17:55 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

20/04/2005

O CORPO VIRTUAL E OS MEDICAMENTOS

images.jpgPensando no profesorado e nas alumnas de Coidados Auxiliares de Enfermería vou a comentar brevemente dúas webs que considero de potencial interese.
A primeira leva por título "MEDtropolis - Virtual Body" e, aínda que ten como lingua orixinal o inglés, pode visualizarse perfectamente en castelán. Para poder coñecer os contidos e ilustracións -ou escoitalas- que nos ofrece temos que visitar MEDTROPOLIS.
A segunda páxina -premiada pola Xunta na convocatoria SIEGA 2004- foi realizada por un profesor -Francisco José Teijido López- para o Ciclo Medio de Farmacia no IES Leixa de Ferrol. Unha parte dos contidos da web poden ser do interese para as alumnas do Ciclo Medio de Enfermería e, por elo, aquí temos OS MEDICAMENTOS.
20/04/2005 14:08 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

23/04/2005

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Unir voces en defensa do ensino público é o título do manifesto para o que se realiza unha campaña de recollida de sinaturas.
A información sobre o texto completo de tal manifesto pode consultarse na páxina web que se facilita aquí.
Para asinar o manifesto podemos entrar na páxina da cig-ensino.
23/04/2005 18:25 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

25/04/2005

TEMAS DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

imagesfp.jpgQuremos recomendar unha páxina que nos facilita a consulta de información sobre sete temas do Módulo de Formación e Orientación Laboral.
Os sete temas que se tratan son os seguíntes:
O Dereito Laboral.
A relación laboral.
Modalidades de contratación.
O tempo de traballo.
O salario.
Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
A representación laboral e a negociación colectiva.
Para complementar o proceso de traballo, podemos coñecer os obxetivos de cada unidade didáctica, realizar os cuestionarios de autoavaliación e descargar os temas completos.

Máis información que pode interesarche:

Recurso didáctico sobre "O contrato de traballo"
25/04/2005 12:55 Enlace permanente. Tema: F. O. L. No hay comentarios. Comentar.

26/04/2005

27/04/2005

PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA EN OURENSE

PRAZAS DE RESIDENCIA GRATUITA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE DE OURENSE (CURSO 2005/2006)

Convócanse prazas de residencia tanto masculinas como femininas para alumnos/as que queiran cursar estudos de Bacharelato e Ciclos Formativos (grao medio e superior) no vindeiro ano académico 2005/2006 e non dispoñan de centro próximo ó seu domicilio; estas becas supoñen a residencia gratuita no Centro Residencial Docente.
O impreso de solicitude pode recollelo nos centros educativos.
O prazo de solicitude remata o día 1 de xuño de 2005

CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE
Avenida da Universidade nº 18. A Cuña
32005 OURENSE
Teléfono: 988226300/04
Extensións 34 ou 45.
27/04/2005 16:00 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

28/04/2005

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO, INSCRICIÓN E MATRÍCULA

claa0011.gifPrazo de inscrición para as probas de acceso aos ciclos de grao medio e grao superior do 25 de abril ó 6 de maio na Secretaría do IES García Barbón".
Data de realización da proba: 7 de xuño.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (solicitude de praza)
Ciclos de Grao Medio.
Do 17 de xuño ao 2 de xullo
Prazo de matricula: Do 15 ao 30 de xullo.
Ciclos de Grao Superior
Prazo de matrícula: Do 19 ao 29 de xullo."
28/04/2005 10:26 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

29/04/2005

RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á FORMACIÓN PROFESIONAL

20paq.jpgNa páxina web do Ministerio de Educación e Ciencia. dispomos de diversos materiais didácticos. Para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa podemos recomendar os seguíntes títulos:

Comunicación, arquivo da información e operatoria de teclados.
Xestión administrativa de compra-venda.
Xestión administrativa de persoal.
Contabilidade xeral e tesourería.
Productos e servizos financeiros e de seguros básicos.
Principios de xestión administrativa pública.

En cada módulo formativo podemos traballar co mapa conceptual e o esquema do tema. Proporciona, entre outras utilidades, un glosario e a posibilidade de imprimir e de escoitar os contidos.
29/04/2005 12:39 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]