Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005.

03/03/2005

1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas

1afi.jpgFoto de varias alumnas e da profesora de Informática -Loli Domíguez-
do 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
03/03/2005 13:12 Enlace permanente. Tema: FINANZAS No hay comentarios. Comentar.

Programa de Garantía Social de MODA

pgsmoda.jpgAlumnas e profesora -Mª Cruz Iglesias- do Programa de Garantía Social
de Moda traballando no Taller.
03/03/2005 13:07 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas

csup20.jpgFoto das alumnas e dos alumnos do 2º curso do Ciclo
Superior de Administración e Finanzas coa profesora
Aida López.
03/03/2005 12:56 Enlace permanente. Tema: FINANZAS Hay 1 comentario.

11/03/2005

BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET

ordena.jpgUnha das tarefas importantes que se realizan na rede
ten relación directa coa busca de información. Por elo,
no noso traballo de "Orientación con internet" recomendamos
os seguintes BUSCADORES:
Clasifica a información en carpetas, facilitando a selección da información.
Presenta a información resultante nun formato de mapa conceptual.
Base de datos de acceso gratuito.
11/03/2005 13:17 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

14/03/2005

Programas de Garantía Social 2005/2006

20modaPICT1153.jpgO Plan Galego de Formación Profesional refírese aos programas de garantía social no seu punto 6.2.4 ao propor un plan de reforzo da implantación destes
programas. Por elo, se publica no Diario Oficial de Galicia (2 de marzo de 2005) a Resolución pola que se regula o desenvolvemento dos programas de garantía
social en centros públicos para o curso 2005/2006.
Máis información facendo clic aquí.
14/03/2005 13:16 Enlace permanente. Tema: P.G.S. No hay comentarios. Comentar.

RECURSOS PARA A FORMACIÓN PROFESIONAL

fp2.jpgInternet é unha fonte eficaz de recursos pedagóxicos de apoio ós estudos de Formación Profesional.
En concreto, a páxina web do Ministerio de Educación e Cultura aporta unha manchea de ferramentas pedagóxicas para o ensino nos ciclos formativos.Fai clic aquí.
14/03/2005 13:17 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.

Validacións de estudos universitarios

alberto.jpgOs alumnos e alumnas que cursan un ciclo formativo de grao superior poden realizar determinados estudos universitarios relacionados coa súa especialidade. Complementariamente, para determinadas titulacións existe a posibilidade de validar un determinado número de asignaturas. Para coñecer as titulacións e as asignaturas que se validan temos que visitar o documento que se achega.
14/03/2005 10:36 Enlace permanente. Tema: FINANZAS No hay comentarios. Comentar.

15/03/2005

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

PERFIL PROFESIONAL: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade.

ENSINANZAS: (2000 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Sistemas auxiliares do motor 220
Circuitos de fluídos, suspensión e dirección 210
Circuitos electrotécnicos básicos. Sistemas de carga e arranque do vehículo 210
Sistemas de transmisión e freado 165
Motores 160
Circuitos eléctricos auxiliares do vehículo 145
Sistemas de seguridade e de confortabilidade 130
Técnicas de mecanizado para o mantemento do vehículo 110
Horas á disposición do centro 80
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Seguridade no mantemento de vehículos 55
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Electromecánica de Vehículos (imprescindible para abrir un taller ou transferilo de pais a fillos).

SAÍDAS LABORAIS: Mecánico – electricista de automóviles, de vehículos pesados, de maquinaria de obras públicas e de motocicletas. Mecánico de equipos diesel. Mantemento de turismos e vehículos pesados. Representante de maquinaria e utillaxe, tendas de repostos e xefe de ventas.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS:
3 talleres equipados de 180 metros cadrados cada un, unha aula de tecnoloxía que conta con televisión-video, proxector de opacos e ordenador.
Coches e motores de alta tecnoloxía (inxeccións diesel, commonrail, tdi), inxección electrónica gasolina, ABS, climatización, equipos de son, equipo eléctrico, maquetas de ABS e inxección electrónica de gasolina (multipunto e monopunto con catalizador).
Banco de probas eléctricas, banco diesel (axuste bombas diesel de control electrónico), osciloscopio, máquina de recarga de aire acondicionado, analizador dos gases de escape (gasolina e diesel), alineador de direccións informatizado, desmontadora e equilibradora de rodas e soldadura (mig, tig, eléctrica).
15/03/2005 12:57 Enlace permanente. Tema: AUTOMOCIÓN No hay comentarios. Comentar.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

18XESTION.jpgCICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA

PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes, proveedores,...).

ENSINANZAS: (1300 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 340
Aplicacións informáticas 160
Comunicación, arquivo de información e operacións de teclado 160
Contabilidade xeral e tesourería 130
Productos e servicios financeiros e de seguros básicos 130
Horas a disposición do centro 85
Xestión administrativa de compravenda 80
Xestión administrativa de persoal 80
Principios de xestión administrativa pública 80
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos últimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.
15/03/2005 18:06 Enlace permanente. Tema: ADMINISTRATIVO No hay comentarios. Comentar.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

PERFIL PROFESIONAL: Permite proporcionar coidados auxiliares ó doente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermería nos centros sanitarios e de saúde bucodental.

ENSINANZAS: (1400 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 440
Técnicas básicas de enfermería 320
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente 130
Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica 130
Operacións administrativas e documentación sanitaria 55
Relacións no equipo de traballo 55
Formación e orientación laboal 55
Horas a disposición do centro 55

TITULACIÓN: Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.

SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar de enfermería –clínica, de balnearios, de atención primaria e de coidados de enfermería a domicilio-.
Auxiliar (bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Aula taller de enfermería, aula polivalente e gabinete bucodental.
Gabinete de saúde bucodental. Carros de curas. Camas, padiolas, mesas de exploración, cuna, sillas de rodas e material ortopédico. Boneco adulto e infantil para prácticas. Modelos en tres dimensións de esqueleto, músculos e reanimación cardiopulmonar. Instrumental de toma de constantes e de exploración.
Vídeo-tv, retroproxector, ordenadores e impresora. Extensa bibliografía e cds interactivos.
15/03/2005 12:58 Enlace permanente. Tema: Hay 1 comentario.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

20PICT1010.jpgCICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de responsabilidade na empresa.

ENSINANZAS: 2000 horas.

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Contabilidade e fiscalidade 265
Aplicacións informáticas e operacións de teclado 240
Proxecto empresarial 165
Xestión financiera 160
Recursos humanos 130
Xestión de aprovisionamento 110
Proxecto integrado 110
Administración pública 90
Productos e servicios financeiros e de seguros 90
Auditoría 75
Xestión comercial e servicios de atención ó cliente 75
Formación e orientación laboral 55
Horas a disposición do centro 55

TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas.

SAÍDAS LABORAIS: Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades), Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo, Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Unha aula propia dotada con equipos informáticos conectados a internet (un ordenador por alumno/a). Outra aula multimedia complementaria que conta cos útltimos avances tecnolóxicos axeitados para as ensinanzas impartidas. Extensa bibliografía específica e lexislación actualizada.
15/03/2005 12:11 Enlace permanente. Tema: FINANZAS No hay comentarios. Comentar.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN

CICLO MEDIO DE INSTALACIÓN E MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO DE MAQUINARIA E CONDUCCIÓN DE LIÑAS

PERFIL PROFESIONAL: Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial, montar automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e facer montaxes electromecánicos de maquinaria e de equipo industrial.

ENSINANZAS: (2000 horas)

Módulos formativos Horas
Formación en centros de traballo 380
Técnicas de mecanizado para o mantemento e montaxe 290
Montaxe e mantemento mecánico 220
Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos 215
Electrotecnia 185
Montaxe e mantemento eléctrico 185
Conducción e mantemento de liñas automatizadas 145
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Horas a disposición do centro 80
Seguridade na montaxe e mantemento de equipos e instalacións 55
Relacións no equipo de traballo 55
Calidade na montaxe e proceso 55
Formación e orientación laboral 55

TITULACIÓN: Técnico en Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Conducción de Liñas.

SAÍDAS LABORAIS: Montaxe e mantemento de instalacións. Metalurxia e fabricación de productos metálicos. Industrias de construcción de maquinaria, servicios, téxtil, alimenticias, vehículos e equipo mecánico. Reparación de maquinaria e equipo industrial.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior (mediante proba de acceso) e Bacharelato.

INSTALACIÓNS, EQUIPAMENTOS E RECURSOS DIDÁCTICOS: Taller de mantemento, de equipos electrotécnicos e de mecanizado. Laboratorio de sistemas automáticos dotado de ordenadores e equipos para a simulación de programas técnicos e aula polivalente.
15/03/2005 12:58 Enlace permanente. Tema: MANTEMENTO No hay comentarios. Comentar.

26/03/2005

BUSCAR CON GOOGLE




Google

O buscador por excelencia é, sin dubida, GOOGLE.

Outras alternativas para buscar información son: XTRAGOOGLE.
GOOGLE ACADÉMICO. e MR SAPO.
Máis información sobre buscadores en: CICLOS GARCÍA BARBÓN.
Para enterarse das novidades de GOOGLE non deixes de visitara web de googlemania.
26/03/2005 11:48 Enlace permanente. Tema: INTERNET No hay comentarios. Comentar.

29/03/2005

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

aurora.jpgAurora Vázquez, ex-alumna do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES "García Barbón", traballa na Residencia da terceira idade MONTE BARRIO que dirixe Eva María Rodríguez Sanmartín no concello de RIÓS. Na foto, Aurora -á esquerda- e a directora da Residencia.
29/03/2005 14:04 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

18monPICT1053.jpgMontserrat Garrido, ex-alumna do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES García Barbón, traballa na Residencia da terceira idade MONTE BARRIO no concello de RIÓS. Na foto, que aparecen varias traballadoras, Montserrat é a primeira pola esquerda.
29/03/2005 14:03 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.

DA FORMACIÓN PROFESIONAL Ó TRABALLO

Eva.jpgEva Rodríguez, ex-alumna do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas do IES "García Barbón", traballa en BEEP - Verín.
29/03/2005 11:27 Enlace permanente. Tema: FINANZAS No hay comentarios. Comentar.

31/03/2005

MERCADO LABORAL E FORMACIÓN PROFESIONAL

imagesfp.jpgAnuario 2005 da revista “ENTRE ESTUDIANTES” Ranking do emprego 2004

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Orde de importancia e familias profesionais máis demandadas
1º Administración
2º Edificación e Obra
3º Fabricación Mecánica
4º Electricidade e Electrónica
5º Metal
6º Hostelaría e Turismo
7º Informática

Ano e peso das titulacións de FP no conxunto das ofertas de emprego
2001 -25.95%
2002 -29.22%
2003 -31.12%
2004 -33.64%

As expectativas de inserción laboral das titulacións de Formación Profesional son moi boas a longo prazo, podendo chegar ó 40% do total da oferta.

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
31/03/2005 14:03 Enlace permanente. Tema: N O V I D A D E S No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]