Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.
05/05/2005
AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO EN PRÁCTICAS
No Diario Oficial de Galicia (4 de maio de 2005) aparece publicada a Orde do 23 de abril de 2005 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
O prazo de presentación é de corenta días naturais.
Máis información no documento que se achega.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
O prazo de presentación é de corenta días naturais.
Máis información no documento que se achega.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
06/05/2005
EXCURSIÓN A OURENSE
As alumnas do Programa de Garantía Social de Moda viaxaron a Ourense -o día cinco de maio- para visitar a Exposición de Proxectos Finais dos alumnos/as da Promoción 2004 (do Instituto Superior de Tecnoloxía e Deseño Textil)no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Aproveitaron a viaxe para parar en Allariz, donde visitaron a empresa textil ROFER. As alumnas foron acompañadas pola profesora Cruz Iglesias Viqueira.
Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
09/05/2005
VISITA A CENTROS SANITARIOS E RESIDENCIA
As alumnas do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería, acompañadas pola profesora Mercedes Fernández Barreiro e o profesor Alfredo Regueiro Fernández, visitaron -o día seis de maio de 2005- distintas institucións sanitarias de Verín e viaxaron ó concello de Riós para coñecer a Residencia da terceira idade "Monte Barrio".Información facilitada por Ana Belén Muñoz Martín
09/05/2005 20:36 Enlace permanente. Tema: No hay comentarios. Comentar.
12/05/2005
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO
Para realizar estudos de Formación Profesional Específica de grao Medio e de grao Superior hai que dispor da titulación requerida en cada caso, ou ben, realizar probas de acceso.
A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Medio, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao ciclo Medio ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existen materiais didácticos para a preparación das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio.
A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Medio, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao ciclo Medio ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existen materiais didácticos para a preparación das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio.
13/05/2005
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Para realizar estudos de Formación Profesional Específica de grao Medio e de grao Superior hai que dispor da titulación requerida en cada caso, ou ben, realizar probas de acceso.A Orde que regula as probas de acceso aos ciclos de grao medio e superior podemos consultala aquí.
No caso das probas de acceso aos Ciclos de grao Superior, temos que visitar o apartado específico da web. Complementariamente, podemos consultar o Manual das probas de acceso ao Ciclo Superior ou ler distintos tipos de exames.
Para rematar, sinalar que existe a posibilidade de validación de determinados módulos formativos realizados no Ciclo Superior por certas áreas dos estudos universitarios que se recollen neste documento.
18/05/2005
NOVOS CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2005/2006
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vai ofertar sete novos ciclos de Formación Profesional Específica para o vindeiro curso académico 2005/2006.Os novos Ciclos Formativos de Grao Superior son: Radioterapia, que se implanta por primeira vez en Galicia no IES Ánxel Casal de Monte Alto (A Coruña); Son, no IES de Bouzas (Pontevedra) e o de Restauración no IES Manuel Antonio de Vigo.
Os novos Ciclos Formativos de Grao Medio son: Preimpresión de artes gráficas no IES Compostela de Santiago, Atención sociosanitaria no IES Portovello de Ourense, Xardinería no CFEA de Monforte de Lemos e o ciclo de Explotación de sistemas informáticos no IES de Teis (Vigo). Máis información no xornal El Correo Gallego.
23/05/2005
RECURSOS DIDÁCTICOS EN INTERNET
Un dos módulos formativos do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos é o de "Sistemas de transmisión e freada" con 165 horas de formación.
Para favorecer a aprendizaxe do módulo, podemos recomendar os seguíntes recursos:
1.- Funcionamento do embrague de resortes.
2.-Funcionamento do embrague de diafragma.
3.-Embrague de fricción tipo diagrama.
4.-Funcionamento da caixa de cambios.
5.-Funcionamento dun engranaxe planetario.
6.-Funcionamento do freo de disco.
7.-Funcionamento do freo de tambor.
Información facilitada por José Luis Fernández Sampedro
Para favorecer a aprendizaxe do módulo, podemos recomendar os seguíntes recursos:
1.- Funcionamento do embrague de resortes.
2.-Funcionamento do embrague de diafragma.
3.-Embrague de fricción tipo diagrama.
4.-Funcionamento da caixa de cambios.
5.-Funcionamento dun engranaxe planetario.
6.-Funcionamento do freo de disco.
7.-Funcionamento do freo de tambor.
Información facilitada por José Luis Fernández Sampedro
24/05/2005
INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE OPOSICIÓNS
A preparación de oposicións é unha alternativa para buscar un traballo, moi frecuente na provincia de Ourense. Por elo, coa colaboración de Academia Postal de Ourense, temos a ben facilitar información actualizada das distintas convocatorias.A información completa podemos consultala no documento que se achega.
25/05/2005
A ENTREVISTA DE TRABALLO
RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A ENTREVISTA DE TRABALLOPaso número 1.
Antes da entrevista
Durante a entrevista
Ponte no lugar do entrevistador
25 preguntas frecuentes
A saída da entrevista
Fai prácticas
En conclusión
26/05/2005
O MELLOR CORREO ELECTRÓNICO SEN COSTE
A revista CONSUMER publica un estudo sobre sete contas de correo electrónico sen coste.Na primeira parte do informe, presenta un resume dos resultados.
A segunda parte, da conta das variables analizadas na investigación.
En terceiro lugar, informa sobre o correo web ideal.
En cuarto e último lugar, fanse unha serie de recomendacións ou consellos de uso do correo electrónico.

